Aviso legal
En cumprimento da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, o Titular expón os seus datos identificadores:
- Titular: Asociación Banda de Música de Arzúa (en adiante, BMA).
- NIF: G15361843
- Domicilio: Rúa de Santiago, 60 15810, Arzúa (A Coruña – España).
- Correo electrónico: administracion@bma.gal
- Sitio Web: https://www.bma.gal/
- Teléfono: +34 653 37 27 27
Termos de uso
Esta Web é unha plataforma de información xeral e contacto da BMA. O feito de acceder a esta Web implica o coñecemento e a aceptación sen reservas dos seguintes termos e condicións. Así, mediante o uso de BMA, aceptas e estás de acordo con estas condicións, que entrarán en vigor de inmediato. Se non estás de acordo cos seguintes Termos e condicións, pregámosche que non visites nin uses BMA:
- Con carácter xeral, as relacións entre BMA e as/os nosas/os usuarias/os se atopan sometidas á lexislación española e europea.
- Os contidos incluídos na nosa Web non están concibidos nin dirixidos a aquelas persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non se atopen autorizados.
- Calquera controversia e/ou resolución de conflitos resolverase ante os tribunais que resulten competentes, de conformidade coa normativa española que resulte de aplicación.
- O simple acceso á nosa Web é responsabilidade exclusiva das/os usuarias/os e non supón emprender ningún tipo de relación de carácter comercial entre BMA e a/o usuaria/o.
- O acceso e navegación nesta Web supón aceptar e coñecer as advertencias legais, os termos de uso, as condicións xerais, a política de cookies e a política de privacidade contidas nesta.
- Actualización e modificación da información
A información legal respecto ao uso da nosa Web é a vixente na data da súa última actualización (17 de xuño de 2020). BMA resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información desta Web, podendo limitar ou non permitir o acceso a calquera usuaria/o.
A/o usuaria/o non poderá alterar, cambiar, modificar ou adaptar calquera extremo desta web. Sen embargo, nos reservamos a facultade de efectuar, en calquera momento, cantos cambios e modificacións estimemos convenientes, podendo facer uso de tal facultade en calquera intre e sen previo aviso.
Así mesmo, nos reservamos o dereito de actualizar as condicións xerais en calquera momento. Tales cambios e modificacións non afectarán aos contratos xa perfeccionados entre BMA e as/os súas/seus usuarias/os, sen prexuízo das modificacións que poidan ser pactadas de mutuo acordo e dos supostos de caso fortuíto ou forza maior.
- Contidos
BMA é directamente o creador dos contidos que se exhiben nesta Web, polo que a información subministrada en cada sección, así como as fotografías ou vídeos contidos na páxina Web, son expostos da forma máis veraz posible. BMA realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidera aparecer na nosa Web; non obstante, non garantimos nin nos responsabilizamos das consecuencias que puideran derivarse dos erros nos contidos proporcionados por terceiros que puideran aparecer nesta Web. Así mesmo, BMA non se responsabiliza de posibles erros involuntarios que poidan atoparse na información, vídeos, contidos e seccións, nin dos resultados, danos ou prexuízos que puideran derivarse da súa práctica, interpretación, uso ou aplicación por parte das/os usuarias/os da información contida nesta Web fóra dos seus propósitos informativos, divulgativos e de contacto.
BMA non se responsabiliza en modo algún daqueles contidos, actividades comerciais ou produtos incluídos que puidesen visualizarse mediante enlaces electrónicos (links), directa ou indirectamente a través desta Web. A presenza de links na nosa Web, salvo manifestación expresa en contrario, teñen unha finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Estes enlaces non representan ningún tipo de relación entre BMA e os particulares ou empresas titulares das webs ás que poida accederse mediante estes enlaces. BMA resérvase o dereito de retirar de modo unilateral e en calquera momento os links que aparecen na nosa Web.
BMA non asume responsabilidade polo contido de calquera foro ou debate no ciberespazo (chat), boletíns ou calquera tipo de transmisións, que estean vinculadas a esta Web e cooperará, si é requirida por orde xudicial ou polas autoridades pertinentes, na identificación das persoas responsables de aqueles contidos que violen á lei.
Así mesmo, excluímos toda responsabilidade que puidera derivarse da transmisión de información entre usuarias/os. A responsabilidade das manifestacións difundidas nesta Web é exclusiva de quen as realiza. Queda prohibida calquera tipo de transmisión de datos que as/os usuarias/os poidan realizar a esta ou mediante esta Web, mediante o sistema de comentarios, redes sociais ou outras ferramentas de participación ou accesos controlados por BMA, que infrinxan os dereitos de propiedade de terceiros e cuxo contido sexa ameazante, difamatorio, obsceno, pornográfico ou a transmisión de calquera outro material que constitúa ou incite a unha conduta que poida ser considerada unha ofensa penal. BMA resérvase o dereito a retirar este tipo de comentarios, así como a impedir ou prohibir o acceso a calquera usuaria/o de Internet que introduza na nosa Web calquera contido contrario ás normas legais ou inmorais, reservándose o dereito de exercer as medidas legais que estime oportunas para evitar este tipo de condutas.
BMA exclúe a responsabilidade polo acceso de menores de idade aos contidos incluídos na Web, sendo responsabilidade dos seus proxenitores ou titoras/es legais exercer un control axeitado sobre a actividade das/os fillas/os ou menores ao seu cargo, ou ben instalar algunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores, así como o envío de datos persoais sen a previa autorización dos seus proxenitores ou titoras/es.
- Navegación, acceso e seguridade
O acceso e a navegación nesta Web supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidas nesta. En BMA realizamos os máximos esforzos para que a navegación se realice nas mellores condicións e evitar os prexuízos de calquera tipo que puidesen ocasionarse durante a mesma.
Esta Web foi deseñada para soportar os navegadores máis utilizados entre as/os usuarias/os de Internet (navegadores de Microsoft, navegadores de Google, navegadores de sistemas Apple, navegadores de sistemas Android, navegadores de Mozilla). Aínda así, non nos facemos responsables dos prexuízos de calquera índole que puideran ocasionarse ás/aos usuarias/os pola utilización doutros navegadores ou versións distintas dos navegadores para os que foi deseñada a Web.
BMA non se responsabiliza nin garante que o acceso a esta Web sexa ininterrompido ou que estea libre de erro, sempre que tales incidencias ou erros procedan de fontes alleas a nós. Tampouco se responsabiliza ou garante que o software ao que poida accederse a través desta Web estea libre de erros procedentes de terceiros. Do mesmo xeito, en ningún caso BMA se responsabiliza polas perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan polo acceso e o uso da páxina Web, sempre que procedan de fontes alleas a nós. Tampouco nos facemos responsables dos danos que puideran orixinarse polo uso inadecuado desta Web.
- Propiedade Intelectual e Industrial
Esta Web, os contidos e servizos que alberga e, en especial, con carácter enunciativo pero non limitativo, as fotografías, imaxes, vídeos, textos, logos, deseños, marcas, nomes comerciais e datos que se inclúen na Web, atópanse protexidos polas leis de Propiedade Intelectual. Non poderán ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación. O acceso a esta Web non outorga ás/aos usuarios dereito, nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade intelectual dos contidos que alberga.
O contido desta Web pode ser descargado ao terminal da/o usuaria/o (download), sempre que sexa para o seu uso privado e sen ningún fin comercial; polo tanto, non poderá explotar, reproducir, distribuír, modificar, comunicar publicamente, ceder, transformar ou usar o contido desta Web con fins públicos ou comerciais.
BMA non transfire ás/aos usuarias/os a propiedade do seu software. Retemos todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual, incluíndo o software. Se a/o usuaria/o transfire software desta Web ao seu terminal, non poderá analizalo para o seu estudo ou descompilalo, nin traducir a versión do código obxecto orixinal ou a súa linguaxe a outro código ou linguaxe.
Tan só se autoriza a utilización dos contidos desta Web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo a/o usuaria/o a/o único responsable do mal uso dos mesmos.
BMA resérvase a posibilidade de exercer as acciones xudiciais que correspondan fronte ás/aos usuarias/os que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
- Información técnica
BMA non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puideran derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico; de retardos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas nas liñas telefónicas, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos; tampouco de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do noso control.