Alber Medraño nace en 1977 no seo dunha familia obreira de Vigo, pero moi cedo se traslada a Ourense por motivos familiares, onde pasará a súa infancia. Nos seus antergos non había ningún músico, pero os seus pais que eran moi melómanos deciden que os seus tres fillos terían que estudar música. A falta de recursos económicos provoca que só poidan mercar un clarinete para os tres, e os irmáns teñen que repartir o tempo para practicar. Estas condicións afectaron moito aos nenos, que de moi novos aprenderon a esforzarse moito e organizar ben o seu tempo de estudo para sacar as súas carreiras de músicos. Na actualidade, e despois de superar todas estas condicións adversas, os seus pais poden ter o orgullo de presumir de que todos os seus fillos son músicos profesionais e viven da música.
Como este neno veu cumprido o seu soño de ser director de banda e músico profesional foi sen dúbida unha demostración máis do triunfo do poder da vontade sobre a adversidade. Grazas ao seu esforzo, tesón e traballo, Alber Medraño converteuse nun dos directores de banda e dos mestres de música actuais máis revolucionarios e innovadores, influíndo xa dende hai máis de 25 anos nas novas xeracións de músicos xoves que accederon á súa pedagoxía.
Jesús Alberto García Medraño
Director de bandaClarinetistaProfesor de clarinete
Nace en Vigo (Galicia – España) en 1977. Estuda Clarinete en Ourense e Vigo, onde obtén os títulos de Profesor Superior de Clarinete e Profesor Superior de Música de Cámara con tan só 19 anos de idade. Amplía a súa formación instrumental cos mestres internacionais: Walter Boeyckens, Theo Gerris, Erik Marchand, Antonio Saiote, Nuno Pinto, Manuel Juan, Vicente Alberola, Carles Riera, Joan Enric Lluna, Miguel Espejo… entre outros.
Amplía a súa formación instrumental con estudos de jazz e novas músicas da man de Miguel Guerra, Suso Atanes, Manuel Gutiérrez e José Gómez “Joselo”. Neste eido, foi clarinetista dos grupos de música folk “20 en Copas” (Pontevedra), “Irtio” (Vigo) e “Tanto nos ten” (Redondela), e cantante do grupo de hard rock/metal progresivo “Wake of Confusion” (Vigo). Ademais participa en diversas jam sessions de jazz organizadas en locais de música en directo de Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela.
Como instrumentista clásico, participou na Banda Unión Musical de Valadares (Vigo), Agrupación Musical “Atlántida” de Matamá (Vigo), Banda Unión Musical de Coruxo (Vigo), Banda Orquestra da Comunidade de Municipios de Vigo, Banda do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Banda Sinfónica de Vigo, Orquestra Sinfónica do Círculo Mercantil de Vigo, Orquestra Clásica de Vigo e Orquestra Internacional de Directores de Orquestra O.I.D.O. (Huelva). Ademais foi contratado para actuar con numerosas bandas galegas e valencianas.
No eido da música de cámara, gaña a 1ª Tribuna de Xoves intérpretes do Concello de Vigo co pianista Francisco de Borja Mariño Suárez no “Dúo Albor”. Participa do Grupo de Vento Amadeus e foi fundador do Cuarteto A Piaccere, Cuarteto Teto e do Ensemble Estigma.
Os seus estudos de Dirección os comeza con 20 anos de idade da man de James Ross (director da Orquestra Sinfónica de Galicia), seguindo a formación con Miguel del Castillo Clavel (director da Orquestra Sinfónica de Oporto) e sobre todo, co seu mentor Francisco Navarro Lara (director da Banda Municipal e da Orquestra Sinfónica de Huelva e director honorífico da Orquestra Sinfónica Nacional de Paraguay). Co mestre Navarro Lara, recibe as ensinanzas da “Hochschule fur musik” de Viena e accede á pedagoxía de Sergiu Celibidache e do seu director predilecto, Carlos Kleiber. Froito de toda esta formación é a obtención no ano 2018 da Licenciatura en Dirección de Banda pola Royal Schools of Music de Londres.
Paralelamente, realiza varias carreiras universitarias obtendo os títulos de: Mestre especialista en Educación Musical (Universidade de Vigo, 1998), Licenciado en Psicopedagoxía (Santiago de Compostela, 2000) e Licenciado en Historia e Ciencias da Música (Universidade de La Rioja, 2012).
Na actualidade, é o director do Cmus Profesional Arzúa e da Esmu Municipal Arzúa dende o ano 2000, centros dende os que desenvolve a súa escola pedagóxica. Dende o ano 2017 é o director da BMA e o arranxista dos temas pop-rock que lle permiten a esta banda revolucionar o mercado e acceder a públicos moi numerosos nos concertos e festivais, feito impensable ata hai poucos anos para as bandas de música.
O traballo de Alber Medraño podemos aprecialo en numerosas gravacións sonoras e audiovisuais que realizou para a Televisión Española, Radio Nacional de España “Radio 2 Clásica”, Televisión de Galicia, Radio Galega e Tolemias.
We may request cookies to be set on your device. We use cookies to let us know when you visit our websites, how you interact with us, to enrich your user experience, and to customize your relationship with our website.
Click on the different category headings to find out more. You can also change some of your preferences. Note that blocking some types of cookies may impact your experience on our websites and the services we are able to offer.
Essential Website Cookies
These cookies are strictly necessary to provide you with services available through our website and to use some of its features.
Because these cookies are strictly necessary to deliver the website, refuseing them will have impact how our site functions. You always can block or delete cookies by changing your browser settings and force blocking all cookies on this website. But this will always prompt you to accept/refuse cookies when revisiting our site.
We fully respect if you want to refuse cookies but to avoid asking you again and again kindly allow us to store a cookie for that. You are free to opt out any time or opt in for other cookies to get a better experience. If you refuse cookies we will remove all set cookies in our domain.
We provide you with a list of stored cookies on your computer in our domain so you can check what we stored. Due to security reasons we are not able to show or modify cookies from other domains. You can check these in your browser security settings.
Google Analytics Cookies
These cookies collect information that is used either in aggregate form to help us understand how our website is being used or how effective our marketing campaigns are, or to help us customize our website and application for you in order to enhance your experience.
If you do not want that we track your visit to our site you can disable tracking in your browser here:
Other external services
We also use different external services like Google Webfonts, Google Maps, and external Video providers. Since these providers may collect personal data like your IP address we allow you to block them here. Please be aware that this might heavily reduce the functionality and appearance of our site. Changes will take effect once you reload the page.
Google Webfont Settings:
Google Map Settings:
Google reCaptcha Settings:
Vimeo and Youtube video embeds:
Other cookies
The following cookies are also needed - You can choose if you want to allow them:
Privacy Policy
You can read about our cookies and privacy settings in detail on our Privacy Policy Page.