Unha nova proposta musical nun espectáculo audiovisual cun repertorio de pop-rock e mostrando unha liña innovadora de vestiario e merchandinsing. Son fresco e instrumentos modernos na orquestración: guitarra e baixo eléctricos, teclado e dúas baterías.
Somos unha tribu de músicos que o pasamos xenial. Xuntámonos para cear, viaxar, bailar, ir a festivais e tomar algo despois dos ensaios. Cando subimos ao escenario e vemos a reacción e os aplausos do público, esquecémonos de todo para gozar contigo.
Integrantes
A nosa historia
1880
Fundación da Banda de Música de Arzúa, con 18 músicos baixo a dirección do clarinetista Carreiriña.
1954
Disolución da banda pola grave situación económica da posguerra e a consecuencia da emigración da poboación.
1980
Refundación da Banda de Música de Arzúa, con 21 músicos baixo a batuta de José Ces Lorenzo “Che”. Establecemento dunha escola de música filial do Conservatorio de Santiago.
1983
Comezo do proxecto da “Banda Orquesta” de Arzúa, que inclúe instrumentos eléctricos e voces que versionan temas pop de moda na época.
1991
Constitución da Asociación Cultural Escola e Banda de Música de Arzúa, como unha entidade sen fins de lucro.
1996
Fundación da Escola Municipal de Música de Arzúa. Consolidación dun centro autónomo na formación musical especializada para nutrir a canteira da banda.
2000
Fundación do Conservatorio Profesional de Música de Arzúa. A formación musical acada un gran pulo baseado na profesionalización das ensinanzas e contribúe á mellora da canteira da banda.
2017
Comezo do proxecto da BMA con 59 músicos e baixo a dirección de Jesús Alberto García Medraño. Revolución no repertorio, vestimenta e merchandising que lle dá unha imaxe máis moderna e lle permite actuar diante de públicos numerosos en festivais pop-rock.